LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-13

 

No ano 2013 non hai autoestradas, nin leis nin soños dun mañá mellor. Tan só superviventes espallados ao longo do que un día foron os Estados Unidos de América. Tras dunha guerra apocalíptica, que destruíu gran parte da civilización, as xentes que sobreviviron ás pragas, as loitas fratricidas e tres rigorosos invernos intentan agruparse en poboados e levar unha vida máis segura. No medio deste apocalíptico panorama aparece un estraño personaxe cunha mensaxe de esperanza.


 

Un valente neno acepta os tres retos imposíbeis que lle exixe un rei a cambio de conseguir unha elefanta máxica... e a oportunidade de cumprir o seu destino.


 

Soren é un moucho que terá que loitar de xeito heroico para salvar ó seu pobo das forzas do Mal. Vive no bosque Tyto, onde sempre reinou a paz entre as curuxas. E·na súa loita contra o Mal, emprende unha longa e angustiosa viaxe para buscar a Grande Árbore Ga'Hoole. Cando a atopa, el e os seus amigos terán que someterse a probas e afrontar desafíos inimaxinábeis. Se son quen de aprender dos seus xefes e uns doutros, axiña se converterán en verdadeiras curuxas de Ga'Hoole: honradas e valentes, intelixentes e sinceras.


 

Estando de vacacións no estranxeiro, a estudante universitaria Ella Hatto descobre que toda a súa familia foi asasinada. Cando ela vai correr o mesmo destino, sálvaa un antigo mercenario, Stephen Lucas. Uniranse para intentar darlles caza aos responsables.


 

Lucas Nickle é un neno de dez anos ao que todo lle sae mal. Hai pouco que se mudou a unha nova cidade coa súa familia e non fixo ningún amiguiño. A súa irmá Tiffany, unha lercha quinceañeira, só fai encrechar e ultimamente os seus pais non lle fan caso ningún xa que están moi ocupados planexando a súa gran viaxe de aniversario de vodas a Porto Vallarta. A súa avóa, agarimosa mais algo tola, adica o seu tempo a protexer á familia duns extraterrestres que coñece a través de xornais sensacionalistas.


 

Sean recibe unha chamada de socorro dende unha misteriosa illa que non aparece nos mapas. Trátase dun lugar con estrañas formas de vida. Sean emprenderá a busca acompañado do seu padrasto, dun piloto de helicóptero e da súa fermosa e temperamental filla.


 

Durante varios anos un asasino matou a varias personas sen que ninguen puidera detelo,entón a policía decide contratar a dous detectives,que coa axuda dun periodista trataran de averiguala identidade deste asasino chamado "O asasino do zodíaco".


 

As tartarugas e os seus místicos poderes ninjas enfróntanse á proba definitiva cando uns seres despiadados doutro universo tratan de desatar o caos máis absoluto.


 

Os anos de duro traballo realizados por Dick Harper finalmente dan resultado cando é ascendido a vicepresidente en Globodyne, empresa líder a nivel mundial na consolidación de propiedades de medios de comunicación. Pero exactamente un día despois de conseguir o seu novo posto, Globodyne é destruída por un escándalo estilo Enron e a Dick déixanlle co marrón.


 

Cando Jimmy Markum (Sexan Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran uns nenos que crecían xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando ao hóckey na rúa. Mais, un día, a Dave aconteceulle algo que marcou para sempre a súa vida e a dos seus amigos. Vinte e cinco anos máis tarde, outra traxedia vólveos unir: o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque, no seu desespero, está a tentar tomar a xustiza pola súa man.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática