LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-12

 

Valentin D. é un arquitecto e deseñador de éxito que finxe ser orfo porque se avergoña da súa familia, uns  chatarreiros de clase obreira do norte de Francia. Só a súa parella, a  pretenciosa  Constance  Brandt, coñece o seu segredo. En plena inauguración da súa retrospectiva no Palacio de Tokio, os seus familiares aparecen inesperadamente: o seu irmán Gustave, a súa cuñada  Louloute e sobre todo a súa nai Suzanne, que cre acudir a unha festa sorpresa polo seu 80 aniversario. O reencontro promete ser inesquecíbel.


 

Catro mozos fanáticos do fútbol fan piña para axudar aos seus ídolos para recuperar as súas habilidades cando un malvado científico lles arrebata o seu talento.


 

Roberto é vítima dun profundo fastío outonal, o de quen esgotou todos os praceres da vida. Un dandi, dirán uns; un libertino, dirán outros. Unha noite, de regreso aos salóns lisboetas tras unha longa viaxe, crúzase por azar cunha muller misteriosa, esposa dun dos homes máis ricos de España. Este inesperado encontro cunha historia de amor absoluto e crime atroz trastornará para sempre a súa visión do mundo.


 

O exército osiño adoutrina a novos recrutas para a guerra que libran contra os unicornios e ameaza a seguridade do pobo osiño. Os irmáns Azulín e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico.


 

Na véspera de Nadal, o egoísta e avaro Ebenezer Scrooge ten unha única e fría noite para afrontar o seu pasado (e cambiar o futuro) antes de que sexa tarde.


 

A historia desenrólase nos Ancares en dúas realidades diferentes: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e volve á vila; e a de dous brigadista que loitan contra o lume.


 

Concebida como a continuación directa, e redeseñada completamente, dos feitos onde se partira a serie no capitulo 24, dando unha nova mostra alternativa, pero complementaria, do final da serie.


 

Un condutor dunha máquina quita neves leva unha vida tranquila ata que a morte súbita do seu fillo fai que se vexa envolto nunha guerra entre narcotraficantes, armado só con maquinaria pesada e a sorte do principiante. Remake do filme noruegués 'Un tras outro'.


 

Finais de 1944. Xapón está perdendo a guerra. O mozo Hirō Onoda é enviado a unha illa de Filipinas xusto antes do desembarco americano. Os poucos soldados que arrastra á selva descubrirán axiña a doutrina descoñecida que os unirá a este home: a guerra secreta. Para o Imperio, a guerra está a piques de rematar. Para Onoda, a guerra rematará 10.000 noites despois.


 

A vida dun lendario cazador de monstros mariños vese patas arriba cando unha moza se refuxia no seu barco e faise amiga da besta máis perigosa de todas.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática