LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-1

 

Verán de 1991. A familia Gaspar comeza as súas vacacións na praia pero, tras discutir co seu pai, Lucía, a filla adolescente, decide fuxir co seu noivo. Unha tormenta eléctrica pilla ao resto da familia a bordo dun pedaló e cando conseguen volver á costa descobren que viaxaron ao 2022! Un desatinado futuro cheo de smartphones, selfies e música trap. Conseguirán volver os plácidos noventa?


 

Con 12 anos, Fanny é unha nena valente que se agocha nunha casa lonxe dos seus pais e coida das súas dúas irmás pequenas. Antes de fuxir, Fanny lidera un grupo de oito nenos e emprende unha perigosa viaxe pola Francia ocupada para chegar á fronteira suíza. Entre medos, risas compartidas e encontros inesperados, o pequeno grupo aprende todo sobre a independencia e descobre a solidariedade e a amizade. Baseado en feitos reais.


 

O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade. A estratexia consiste en rematar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello. O encargado de infiltrarse é un mozo novato, Billy Costigan. Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro novo policía, Colin Sullivan, sobe coma un lostrego.


 

Julio, de dezanove anos, chega a Lisboa desde o campo para traballar de zapateiro para o seu tío Raúl. Pronto coñece a Ilda, unha rapariga do servizo doméstico que visita con frecuencia a zapatería e de quen a seducen a súa independencia e desenvoltura. Ambos comezan un romance ata que este vese asaltado polo choque coa súa realidade cotiá.


 

Ano 1987, Bagdad, o tenente do exército iraquí Latif Yahia é convocado dende a primeira liña da fronte ao pazo de Saddam Hussein e vese inmerso nas altas esferas da familia real ao ter que converterse, grazas ao seu gran parecido físico, no dobre do fillo de Saddam, o famoso príncipe Uday Hussein, un tolo mozo cunha fame feroz polo sexo e a brutalidade.


 

Rusia, a finais do século XIX. A actriz Irina Arkadina é unha veterana e  vanidosa estrela do teatro  moscovita que pasa parte do verán nunha  idílica leira xunto a un lago, propiedade do seu irmán enfermo. Alí compartirá os días co seu amante, o escritor Boris  Trigorin, o seu fillo, aspirante a escritor, e a nova e inxenua actriz  Nina  Zarechnaya. Eles, e un puñado máis de personaxes, sufrirán o fatal namoramento da persoa inadecuada. Adaptación da obra teatral "A gaivota" de  Chéjov.


 

Remake de "A Invasión dos Ultracorpos" na que unha misteriosa epidemia altera o comportamento das persoas e unha psiquiatra de Washington (Kidman) descobre que a orixe é extraterrestre. Ela tratará de protexer ao seu fillo, quen é a chave para deter a invasión.


 

Robert Neville é un científico brillante, pero mesmo el non poderá conter o terrÍbel andazo creado polo home. Neville convértese no único ser humano de Nova York. A cidade está ateigada de "infectados", os cales só poden existir na escuridade devorando ou infectando a todo o que se poña no seu camiño. 


 

Era a súa nova veciña, unha diva de Hollywood, alegre, divertida e chea de enerxía. El era un novo actor que comezaba a cultivar tímidos éxitos no Liverpool de finais dos 70. Pero nin a diferenza de idade entre eles nin a fama impediron o flechazo que deu lugar a unha das historias de amor máis apaixonadas e comentadas da época... Baseada nas memorias do actor Peter Turner.


 

Jacinto é un neno de nove anos encerrado no corpo dun home de preto de cincuenta. Vive cos seus anciáns pais en Mallou, un pobo en ruínas no medio das montañas de Lugo. Son os tres únicos habitantes que quedan. Jacinto fabricou un mundo de fantasía no que é o rei absoluto, pero todo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas escuras artistas metaleiras vindas dende Suecia en busca dun lugar tranquilo onde gravar o novo disco da súa banda. 


 

Astrid vive en Berlín canda os seus dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe de casa...


 

En Iraq, unha unidade de elite de artificieiros norteamericanos actúa nunha caótica cidade onde calquera persoa pode ser un inimigo e calquera obxecto, unha bomba. O xefe do grupo, o sarxento Thompson, morre no transcurso dunha misión e é substituído polo impredicíbel e temerario sarxento William James. Cando falta pouco para que a brigada sexa relevada, o imprudente comportamento de James fará que dous dos seus subordinados, se formulen seriamente o risco que corren.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática