LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-9

 

Paul Vitti é un poderoso xefe da mafia italiana en Nova York que entra nunha crise persoal que pode ter efectos mortais sobre a súa persoa se a noticia se coñece entre os membros das bandas rivais. Non lle queda máis remedio, en contra das regras máis básicas do seu entorno, que someterse a unha terapia psicolóxica para resolver os seus problemas. O doutor elexido é Ben Sobol, quen a partir dese momento terá que padecer a constante presenza de mafiosos, entrometéndose en todos os aspectos da súa vida, que atravesa precisamente unha fase delicada xa que está a piques de casar cunha xornalista de Miami.


 

Narra a Raia Seca entre Ourense e Portugal e os seus habitantes. Neste retrato sobre un pequeno pobo perdido nos bosques fronteirizos, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e sonos fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra.


 

Logan (Zac Efron) é un novo soldado americano destinado en Iraq que atopa a fotografía dunha muller no medio dunha batalla pouco antes de salvar a súa vida. Considera que o achado é unha proba irrefutable da súa boa sorte, así que, cando regresa ao seu país, busca á moza e atópaa: trátase de Beth (Taylor Schilling), unha atractiva nai divorciada.


 

Mentres o goberno dos Estados Unidos non ten claro como responder a unha visita alieníxena á Terra con intencións malignas, Amanda 'El Muro' Waller, a líder da axencia secreta A.R.G.U.S., ofrece unha curiosa solución: recrutar os viláns máis crueis , con habilidades letais e incluso máxicas, para que traballen para eles. Sen demasiadas opcións a dar unha negativa, os oito súper viláns máis perigosos do mundo acceden a colaborar co Executivo en perigosas misións secretas, case suicidas, para a sí lograr limpar o seu expediente.


 

Un matrimonio que vive nunha urbanización da periferia urbana cos seus tres fillos leva unha vida tranquila até que comezan a suceder cousas estranas na casa. Teñen que aceptar o obvio: Hai algo, ou alguén, convivindo con eles na súa propia casa. Baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo.


 

Narra paralelamente a historia de tres personaxes que teñen algún tipo de contacto coa morte: unha xornalista da televisión francesa (Cécile de France), que estivo a piques de morrer durante o tsunami que abordelou o Sueste asiático nos Nadais de 2004; un neno (George McLaren) de Londres que perde á persoa que máis quere nun terrible accidente, e un norteamericano (Matt Damon) co don de poder comunicarse cos mortos.


 

Versión musical en animación stop motion do famoso conto de 'Pinocho', ambientada na Italia fascista, durante a década de 1930. Guillermo del Toro e Mark Gustafson dirixen esta película, que na versión orixinal conta cunha repartición estelar de voces: Ewan McGregor (Pepito Grilo), David Bradley (Geppetto) e o debutante Gregory Mann (Pinocho). Tamén participan Finn Wolfhard, Cate Blanchett, John Turturro, Ron Perlman, Tim Blake Nelson, Burn Gorman, Christoph Waltz e Tacha Swinton.


 

Este filme permítenos, por unha banda, ser testemuñas do terror do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estourar a guerra. Introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Quilmas, na parroquia do Pindo, entre a paisaxe rosada do monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona. Drama histórico que conta a valentía dunha muller galega que fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que asolan a poboación.


 

A segunda parte da batalla final entre as forzas do ben e o mal. O xogo nunca fora tan perigoso e ninguén está a salvo. Achegase o momento da confrontación final entre Harry Potter e Lord Voldemort. Todo remata aquí…


 

Sinbad, extraordinario fabulador, conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.


 

Cunha mochila chea de chicle, piruletas, un paquete de gomas elásticas e un peite, entre outros materiais imprescindibéis, Elmer vai cara a Savage Island para rescatar a un bebé dragón. Ao longo do camiño, coñecerá animais intelixentes e estúpidos, e Elmer sempre atopará moito máis do que podería imaxinar.


 

O mociño Charlie Bucket foi convidado a visitar a fábrica de chocolate máis famosa do mundo xunto co seu inxenioso creador Willy Wonka. Dentro da fábrica existen marabillosos inventos e todo un mundo de lambetadas e larpeiradas que sería o soño feito realidade de calquera neno. Alí Charlie, o seu avó Joe e moitos outros nenos, descubrirán que posuír un corazón bondadoso é moito mellor que obter todos os doces do mundo.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática