LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-7

 

Maggie Gilkenson é unha muller que está educando soa as súas dúas fillas nunha rexión fragosa e illada do interior do suroeste americano. Cando a súa filla maior é secuestrada por un xamán indio con estraños poderes, Maggie vese forzada a recorrer a seu pai, do que leva anos sen ter noticia, para que a axude a rescatala. O bruxo e a súa xente tamén secuestraron outras rapazas, deixando un rastro de desolación e morte ao seu paso. Maggie e o seu pai comezarán entón unha desesperada carreira para salvar a súa filla antes de que crucen a fronteira mexicana e desaparezan para sempre.


 

Irving, un noviño escritor norteamericano, decide facer una viaxe por España e coñecer a Alhambra de Granada. Nesta cidade andaluza atopa os seus novos compañeiros: Dolgoruki, un ruso; e Carmen, a última descendente dun rei mouro, Boabdil. Carmen explícalles aos seus novos amigos que ten que cumprir unha profecía para destruír o malvado Alí, o inimigo do rei Boabdil, que desexa conseguir o poder en Granada.


 

Trinta anos despois, Breixo, un escritor de éxito, volve á aldea na que pasou os seus mellores anos. En 1977 era un rapaz e atopou preto da súa aldea unha comuna rexida por ideais alternativos, sen propiedade privada e en comuñón coa natureza. A pesar da oposición das autoridades, Breixo uniuse á comuna para recuperar a aldea perdida de Vilamor. Porén todo cambiou cando el namorou de Sonia: Incapaz de conxugar máis coas ideas de amor libre, do ateísmo ou de tolerancia coas drogras, Breixo dicidiu, con grande pesar, deixar Vilamor.


 

Phil, Stu e Doug viven unha vida tranquila e feliz. Pasaron dous anos dende a súa última gran viaxe e xa non teñen tatuaxes nin contas pendentes. A última vez que oíron falar de Leslie Chow, un imán dos desastres, pechárono nun cárcere de Tailandia. O único membro da banda que non está satisfeito é Alan. A ovella negra do grupo segue sen propósitos persoais, abandonou a súa medicación e déixase levar polos seus impulsos, o que para el significa non ter barreiras, nin filtros, nin xuízo. 


 

(Tráiler 1). Scott  Pilgrim (Michael Cera) é un mozo que coñece á muller dos seus soños,  Ramona V.  Flowers ( Mary Elizabeth  Winstead). Pero para conquistar o seu corazón, deberá primeiro loitar e vencer aos seus sete malvados  ex-noivos, misión farto complicada, pois teñen poderes especiais.


 

Cando os fillos dos mellores axentes secretos do mundo axudan sen darse conta a un poderoso desarrollador de xogos a liberar un virus informático que lle dá o control de toda a tecnoloxía, deben converterse en espías para salvar aos seus pais e ao mundo.


 

Oskar Schell, un neno precoz de once anos, é inventor, deseñador de xoias, astrofísico e pacifista. Tras a morte do seu pai nos atentados do 11 de setembro de 2001, Oskar atopa un misterioso sobre cunha chave e lánzase á procura da pechadura que esa chave pode abrir..


 

Engurras narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.


 

Ao veterano mercenario Jimmy Conlon, coñecido como o "cavatumbas", perségueno os crimes do pasado a soldo da mafia irlandesa de Brooklyn, liderada por Shawn Maguire, pero tamén o policía que lle seguiu a pista durante 30 anos. Cando se decata que o seu fillo Mike corre perigo, Jimmy ten que elixir entre o clan criminal ao que pertenceu sempre e a súa familia, á que abandonou hai moito tempo.


 

Sira e Pepe, despois de 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo ás súas vidas regresando a Galicia. Con este obxectivo, mercarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.


 

Mark Whitacre, un executivo cun porvir brillante dentro da macroempresa Archer Daniels Midland (ADM), no área da industria agrícola, convértese de súpeto nun informante. Mentres informa ao FBI da conspiración da súa empresa para fixar prezos a nivel multinacional, Whitacre contémplase a si mesmo aclamado como heroe e obxecto dun ascenso. Pero antes de que suceda iso, o FBI necesita probas, así Whitacre préstase con entusiasmo a levar unha gravadora oculta na súa maleta, e imaxínase que é algo así como unha especie de axente secreto.


 

Sur de Francia. Hoxe en día. Jean, un veterano actor atrapado polo pasado, instálase en segredo nunha casa abandonada onde viviu Juliette, o gran amor da súa vida. Un grupo de amigos descobre a mesma casa, o lugar perfecto para rodar a súa próxima película de terror. Jean e os nenos acabarán enfrontándose ao fin cara a cara.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática