Eduardo Barreiros  o Henry Ford galego  (2011)

 

Telefilme galego que se centra na figura do ourensán que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos sesenta construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel. 

Entre bateas  (2001)

 

Filme desgarrador sobre o mundo do narcotráfico en Galicia.  Conta a historia de Mario, provinte dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, xunto a Sego, o seu amigo da infancia. Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamientos.

 

Heroína (2005)

 

Filme baseado en feitos reais. Pilar descobre que un dos seus tres fillos é adicto á heroína. Despois dun lapso inicial de incertidume, Pilar toma contacto con outros pais nunha situación similar, pero axiña se decata de que son moitas as cousas que teñen que cambiar fóra e dentro da casa para que o seu fillo se poida salvar. Así nace o seu desexo de facer algo más que lamentarse e emprende así xunto con outros pais, pero, sobre todo, nais, unha viaxe traballosa de denuncia do narcotráfico en Galicia.

 

 

 

Pradolongo   (2008)

 

Rodada integramente en galego, conta a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. A loita por conservar o rural e a vida no campo, enfróntanse cos intereses económicos e cun éxodo galopante cara a cidade.

 

PROCURAR POR:

Iniciais do título