Inicio>   SEAN CONNERY

 

007: contra o Dr. No  (1962)

 

Primeira película de James Bond, realizada por Terence Young. Baséase na novela "Dr. No" (1958), de Ian Fleming. Narra un episodio da vida de James Bond (Sexan Connery), axente secreto británico, eficaz, elegante, sedutor, misóxino e violento. É un antiheroe, de talante persoal egoista, amoral e machista. É enviado a Xamaica para investigar o asasinato do axente John Strangways e a súa secretaria.

 

007: nunca digas endexamáis  (1983)

 

Remake do filme "Operación Trueno" de 1965. Sen dúbida é un filme cargado de nostalxia por un personaxe como James Bond que non pasa de moda e isto aumentado polos anos que caen sobre Sean Connery.

 

Causa xusta  (1995)

 

Bobby Earl enfróntase á cadeira eléctrica acusado do asasinato dunha moza. Oito anos despois do crime, Bobby chama ó profesor en leis Paul Armstrong para que lle axude a probar a súa inocencia. Armstrong axiña descobre probas falsas achegadas pola policía, pero a ninguén lle importa porque todos cren que Bobby é o asasino.

 

O nome da rosa   (1986) 

 

Acertada adaptación da exitosa novela de Umberto Eco, "o nome da rosa" é unha tenebrosa intriga medieval que relata a magnífica historia dun sabio monxe franciscano (Connery) que, xunto ao seu pupilo (Slater), acode a unha abadía remota para intentar resolver uns estraños e misteriosos asasinatos aos que ninguén encontra explicación aparente.

 

Os inmortais   (1986)

 

As aventuras dunha raza de humanos co don da inmortalidade, cuxa morte só pode suceder se se lles separa a cabeza do colo, e cuxa lenda reza que "só pode quedar un", supuxo un sorprendente éxito de despacho en todo o mundo (considerando que tanto o director Russell Mulcahy coma o protagonista Christopher Lambert eran uns descoñecidos).

 

Os intocables de Eliot Ness  (1987)

 

Popular filme dirixido con mestría por Brian de Palma. Cun impecábel estilo e ritmo visual, evocadora música de Ennio Morricone. Narra a historia do axente federal Eliot Ness (Kevin Costner)  no Chicago dos anos trinta e a súa implacable persecución do gángster Al Capone (Robert De Niro).

 

Robin Hood: o principe dos ladróns  (1991)

 

Tras volver das cruzadas, o nobre saxón Robin de Locksey descobre que o príncipe Xoán, aproveitando a ausencia do rei Ricardo Corazón de León, usurpou o trono e intenta impoñer a tiranía. Este filme tiv un grande éxito de despacho. O mellor, Morgan Freeman e un comezo orixinal que se aparta de adaptacións anteriores.

PROCURAR POR:

Iniciais do título