Inicio>   KEVIN COSTNER

Corre o rumor  (2006)

 

Sara Huttinger (Jennifer Aniston), unha moza a piques de casar, regresa á súa cidade natal, en California, para pescudar a verdade sobre un segredo familiar. Ao parecer, tanto o libro como a película "O Graduado" están inspirados na súa avoa e na súa nai. Pero iso non é o peor: aos poucos Sara sentirase atraída polo maduro galán (Kevin Costner) que se deitou xa con varias xeracións de mulleres da súa familia.

 

Mensaxeiro do futuro (1997)

 

No ano 2013, en Estados Unidos, non hai autoestradas, nin leis, nin esperanza no futuro. Tras unha guerra apocalíptica que destruíu case a civilización, os que sobreviviron a terribles pragas, revoltas e invernos de tres anos, intentan reagruparse en poboados e levar unha vida tranquila, aínda que moi primitiva.

 

Os intocables de Eliot Ness (1987)

 

Popular filme dirixido con mestría por Brian de Palma. Cun impecábel estilo e ritmo visual, evocadora música de Ennio Morricone. Narra a historia do axente federal Eliot Ness (Kevin Costner)  no Chicago dos anos trinta e a súa implacable persecución do gángster Al Capone (Robert De Niro).

Robin Hood: o principe dos ladróns  (1991)

 

Tras volver das cruzadas, o nobre saxón Robin de Locksey descobre que o príncipe Xoán, aproveitando a ausencia do rei Ricardo, usurpou o trono e impón a tiranía. Costner métese no bosque de Sherwood encarnando o lendario heroe dos pobres. Unha superprodución de boa factura que cumpre de sobra a súa función de entreter, obtendo un grande éxito de despacho. O mellor, Morgan Freeman e un comezo orixinal que se aparta de adaptacións anteriores.

Wyatt Earp (1994)

 

Entretido e menosprezado western cuxo maior reproche debería ser a súa excesiva metraxe. Lawrence Kasdan atreveuse a contar de novo a historia do duelo de OK Corral, aposta sen dúbida arriscada dados os seus antecedentes, mais os seus resultados foron máis que meritorios. Un western magnificamente interpretado.

PROCURAR POR:

Iniciais do título