Inicio>  PIERCE BROSNAN

 

007: goldeneye (1995)

 

Filme número dezasete da serie de James Bond e primeiro de Pierce Brosnan, realizado por Martin Campbell. A acción ten lugar en Montecarlo, Francia, Rusia, Londres e Cuba. O prólogo sitúase en 1986 e a acción principal en 1995, despois da Guerra Fría. Bond recibe o encargo dunha nova misión que o enfronta ao xeneral Ourumov (Gottfried John), ao desertor Alec (Sexan Bean) e á criminal sodomasoquista Xenia Onatopp (Famke Janssen).

 

O caso de Thomas Crown  (1999)

 

Intriga e romance de deseño nun atractivo remake dun filme con grande éxito dos setenta, interpretado por Steve McQueen e Faye Dunaway. Agora son Pierce Brosnan e Rene Russo os protagonistas desta superprodución. Brosnan é un multimillonario aburrido que para entreterse rouba cadros e ríse da policía e os investigadores.

 

O cuarto protocolo  (1987)

 

Excepcional relato de espionaxe acerca dun complot contra a O.T.A.N nos intres máis álxidos da guerra fría, que acaba devindo nun enfrontamento persoal entre un axente británico, interpretado por Michael Caine, coa súa pericia habitual, e un desalmado e pasional axente dobre da K.G.B, interpretado con gran credibilidade por Pierce Brosnan.

PROCURAR POR:

Iniciais do título