Inicio>   WILL SMITH

 

Alí  (2001)

 

Filme autobiográfico sobre Cassius Clay, posteriormente coñecido como Muhammad Ali, unha vez convertido ó islam. Smith ofrece unha interpretación divertida e apaixonada que lle valeu a nominación ó Oscar. Un filme épico reflexivo, ó tempo raro e contraditorio, coma o mesmo Alí.

Á procura da felicidade (2006)

 

Filme baseado nun feito real. Evoca ao cine de Capra mentres examina o soño americano. Historia dramática sobre a vida dun pai de cor e a loita pola supervivencia nun sistema competitivo. Chris consegue un traballo nunha importante corredoría de accións sen cobrar nada. A súa esperanza é que, ao final do programa, el sexa contratado.

 

Eu, robot (2004)

 

Filme de ciencia ficción sobre o que nos agarda nun futuro. Os robots ao noso servizo. Pero, estaremos seguros nun mundo que non podemos controlar por nós mesmos?. Unha serie de sucesos farán que teñamos moitas dúbidas sobre isto. 

 

Homes de Negro II (2002)

 

A palabra do título é suficiente para describir a película. Realmente a película trata de enrevesar un pouco a trama que quedou solta do filme anterior atando e refacendo cousas que ficaron pendentes. O guión é bastante axeitado e segue un bo ritmo pero fallan bastante as actuacións en xeral. Os gags son xa bastante coñecidos, pero aínda fan graza.
Déixase ver, imos. Non achega moito, pero é agradábel.

Son lenda (2007)

 

Terceira gran adaptación da novela clásica de ciencia-ficción de 1954 de Richard Matheson. As anteriores foron "O derradeiro home sobre a Terra" (Last Man on Earth, 1964), con Vincent Price, e "O derradeiro home... vivo". Neville (Will Smith) convértese no único ser humano da cidade de Nova York. Está rodeado por "os infectados", os cales só poden existir na escuridade devorando ou infectando a todo o que se cruce no seu camiño.

 

Wild wild west (1999)

 

Curiosa mestura de westeen e ciencia ficción que tivo un grande éxito de asistencia. Cando os Estados Unidos están baixo a ameaza do lunático confederado Arliss Loveless, o presidente President Ulysses Grant encarga a unha parella de heroes da guerra de secesión que se ocupen del. Nunha movida viaxe dende Washington a Utah, os nosos heroes deberán enfrontarse aos diabólicos dispositivos de Loveless.stern e ciencia-ficción que obtivo un grande éxito de asistencia.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática