Inicio>  WINONA RYDER

 

Drácula de Bram Stoker  1992

 

É unha historia de amor e de terror, dúas sensacións que adoitan ir unidas nos espíritos torturados. Conseguida revitalización do mítico Drácula cunha magnífica ambientación neogótica. O conde Drácula ve na noiva do avogado Harker a imaxe da súa querida namorada Elisabeta, falecida no 1462, por iso vai na súa procura ata Londres.

 

Outono en Nova York  2000

 

Richard Gere é un atractivo e mullereiro millonario pouco dado aos compromisos serios. Entón coñece a Winona Ryder, unha cara anxelical cun escuro destino... Drama romántico que intenta explotar a presenza dos seus dous coñecidos protagonistas. Preparade o pano.

PROCURAR POR:

Iniciais do título