DRAMA (U--Z)
UN SOÑO POSIBLE
THE BLIND SIDE (2009)
Michael Oher, un mozo afroamericano sen fogar que atopa axuda e abrigo nunha familia branca, disposta a prestarlle o apoio necesario para que poida desenvolver o seu potencial tanto para ter éxito como un xogador de fútbol como na vida. Pola súa parte Oher tamén inflúe na vida dos membros da familia Touhy. O cambio de escenario tamén significa novos retos que o mozo debe superar, esforzarse para dar o máximo de si mesmo como un atleta e como persoa.
Cartel en galego
Cartel en portugués
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
UNHA MENTE MARABILLOSA
A BEAUTIFUL MIND (2001)
O brillante estudante John Forbes Nash (Russell Crowe) chega a Princeton en 1947 para realizar os seus estudos de postgrao. É un rapaz estraño e solitario, ao que só comprende o seu compañeiro de cuarto (Paul Bettany). Por fin, Nash esboza unha revolucionaria teoría e consegue unha praza de profesor no MIT. Alicia Lardé (Jennifer Connelly), unha das súas alumnas, déixao fascinado cando lle revela que as leis do amor están por enriba das das matemáticas.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
URXA (1989)
Urxa conta tres momentos na vida dunha muller. No primeiro episodio, O medallón de Urxa, prodúcese o relevo no oficio. Encádrase a acción a comezos de século e como fondo temos o valor cultural da “casa” no medio rural. O tesouro de Petro Xesto. Anos 40. O prestixio da “casa” e os seus compoñentes é aquí o motivo central. N' O ídolo de Milderun arqueólogo provoca o desenlace dunha vella lenda narrada por Urxa. Nada troca, só que os valores e as ideas toman outras formas.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VIVEN!
ALIVE (1993)
Baseada nunha historia real, "Alive" narra a terríbel experiencia dun grupo de xogadores do equipo nacional de rugby de Uruguai cuxo avión se estrelou no medio dos Andes en outubro de 1972. Illados completamente, os días pasaban sen que ninguén viñese a rescatalos, polo que se viron na obrigada de recorrer ao canibalismo, comendo a carne dos compañeiros falecidos, mentres os máis fortes preparaban unha viaxe desesperada a través das montañas.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
XERACIÓN ROUBADA
RABBIT PROOF FENCE (2002)
Filme dirixido por Philip Noyce. Está baseada nun feito real acontecido no ano 1931 en Australia. Molly Craig é unha nena que foxe coa súa irmá menor e coa súa prima, as tres mestizas, dunha institución gobernamental creada para formar as nenas desta condición como empregadas domésticas ao servizo da sociedade branca australiana. Armada de gran valor e determinación, Molly guía as pequenas, que vivirán unha auténtica odisea.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME