A vida que che espera  (2004)

 

Gutiérrez Aragón é da terra e nótase, pois toma unha certa postura afectuosa cara a uns aldeáns que, a pesar da súa dureza e ás veces un comportamento case animal, teñen un férreo sentimento da responsabilidady, representados polo gran Juan Diego, xunto ao sempre convincente Luís Tosar e o natural encanto de Marta Etura, enmarcados polas fermosas paisaxes.

 

Cargo  (2005)

 

Neste filme actor Peter Mullan dá vida ao capitán dun cargueiro ao que sobe como polisón Chris, que foxe da policía africana, e co que establece unha relación especial. Nese barco, o 'Gull', comezan a suceder feitos misteriosos. Tosar é o cociñeiro dun cargueiro que agocha un pasado "estraño" e "pouco coñecido", aínda que toda a tripulación do barco é "similar".

Crebinsky  (2010)

 

É unha película galega de ficción. A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos dunha galega e dun piloto ruso  que sofrera un accidente aéreo. Tras unha serie de desgrazados sucesos, os irmáns e a súa vaca chegan a costa preto dun faro. Alí fan unha cabana, e sobrevivirán grazas ás crebas.

Galatasaray-Dépor  (2005)

 

Unha muller de negocios en Moscú, un excursionista en Estambul, un pelegrín húngaro en Santiago de Compostela e unha parella francesa en Berlín. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro problemas de entendimento lingüístico, catro visións da Champions League. Todo o mesmo día da final da Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. En clave de comedia.

 

O lapis do carpinteiro  (2003)

 

Daniel Da Barca é un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade grazas ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa Mallo, súa namorada e filla dun reaccionario oportunista, loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento.

 

Trece badaladas (2003)

 

Xacobe, un escultor que despois de anos de ausencia, marcada pola tráxica morte do seu pai, volve á súa cidade natal, Santiago, debido á delicada saúde mental da súa nai. Xacobe herdou o talento escultor do seu pai e por iso vese empurrado a rematar a obra que o seu proxenitor deixou sen rematar. O novo escultor verase perseguido polas aparicións tiránicas do seu pai que lle levarán a descubrir feitos ocultos do pasado.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática