Inicio>   TOM CRUISE

 

A guerra dos mundos  (2006) 

 

Adaptación da novela homónima de H.G. Wells. A invasión da Terra polos marcianos e a terríbel batalla que ten que librar a humanidade para sobrevivir céntrase nunha familia americana. Ray Ferrier (Tom Cruise) é un estibador divorciado e un pai nada modélico, teá que enfrontarse a unha invasión que ninguén esperaba.

 

Algúns homes bos (1992)

 

Salientable resurrección do cine xurídico-militar. Atrae o interese do espectador dende o principio ata o fin. Adaptación da obra teatral de Aaron Sorkin que trata de cuestións morais e filosóficas sobre o individuo e os conceptos de nación-relixión. 

 

Rain Man (1988)

 

Un mozo ambicioso (Cruise) que se ten que facer cargo do seu irmán autista ao que non coñece, porque viviu sempre recluído nun centro especial. Este filme viuse engrandecido por unha actuación maxistral de Dustin Hoffman, que non fixo senón apuntalar aínda máis a súa extraordinaria carreira.

 

 Valkiria  (2008)

 

O filme narra o atentado de 1944 contra Hitler. Un dos sucesos que puido cambiar o curso de millóns de vidas durante a segunda guerra mundial. Película hiperrealista na que a acción non sofre altibaixos dende a traca inicial. Tom Cruise intervén pero é unha ilusión; máis que os actores, son os seus personaxes os que cobran vida, Bryan Singer relata con efectismo ese outro poder na sombra, capaz de segar a vida do home máis influente do século XX.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática