Inicio>   SANDRA BULLOCK

 

A casa do lago  (2006)

 

Un filme de contida tensión pasional, unha intriga de viaxes no tempo e unha meditación sobre a soidade. Unha doce 'Casa de Lago' sen espazo para a lóxica. É un melodrama romántico: nada do que avergonzarse. Non intentes enfrontarte a ela coa lóxica: perderás. 

 

Amor con preaviso  (2002)

 

Unha típica comedia romántica protagonizada por Sandra Bullock e Hugh GrantUnha avogada acepta traballar para un simpático e despreocupado millonario que lle prometeu que a cambio dos seus servizos legais non levará a cabo a demolición dun emblemático edificio cuxa integridade ela quere preservar. Non obstante, a relación non estará exenta de problemas

dados os seus carácteres antitéticos.

 

A rede  (1995)

 

Os problemas da informática vense nesta correcta fita con abundantes doses de emoción e intriga. Resulta interesante ver o que lle acontece á protagonista cando a súa vida desaparece "grazas" a un ordenador, algo que é terrorífico.

 

Demolition man (O demoledor)  (1993)

 

Fita futurista onde o duelo dos personaxes principais Stallone-Snipes mantén ao espectador entretido, ambolos dous posúen carisma e presencia sumamente suxestivos como para que a acción nas coreografías de loita impacten polo seu sensacionalismo. Sandra Bullock e a súa espontánea naturalidade ao actuar contribúe outorgándolle un marco de agraciada candidez ante tanta violencia despregada.

 

Miss axente especial (2000)

 

Unha axente de policía moi pouco feminina introdúcese como infiltrada nun concurso de beleza nunha misión especial. Comedia de parrulo feo con pistola convertido en cisne para lucimento dunha simpática Sandra Bullock que tenta resolver unha intriga dun asasino en serie. 

 

Practicamente maxia (1998)

 

Unha correcta fita fantástica dirixida polo actor e director Griffin Dunne, baseada no best-seller que Alice Hoffman publicou en 1985. Dúas nenas orfas herdan os poderes máxicos de toda unha xeración de bruxas. Ämbalas dúas levarán vidas moi diferentes, pero sempre marcadas polas súas habilidades sobrenaturais. 

 

Un soño posible (2009)

 

Outro estimulante e pracenteiro drama de deportes baseado en feitos reais. Un inesperado e enorme éxito de despacho, convertendo a Sandra Bullock na primeira actriz en superar os 200 millóns por unha película protagonizada por unha muller.

 

 

PROCURAR POR:

Iniciais do título