Inicio>   RICHARD GERE

 

Mothman, a derradeira profecía (2002) 

 

Baseada nun feito real, a película somérxete na historia dun pobo vixiado por unha estraña presenza. O filme está bastante ben feito, non se lle pode esixir máis e Richard Gere moi ben no papel protagonista. A ambientación moi lograda e os papeis secundarios a un gran nivel. Recomendábel para pasar medo.

 

Noites de treboada (2008) 

 

Adrienne Willis é unha muller no caos, polo que decide pasar uns días na pequena localidade costeira de  Rodanthe co motivo de facerse cargo do hotel da súa amiga Jean. O seu marido infiel quere volver á casa e a súa filla Amanda (Mae Whitman) cuestiona  tódalas súas decisións. O Dr. Paul Flanner chega xusto antes de comece que unha treboada.

 

Outono en Nova York  (2000)

 

Richard Gere é un atractivo e mullereiro millonario pouco dado aos compromisos serios. Entón coñece a Winona Ryder, unha cara anxelical cun escuro destino... Drama romántico que intenta explotar a presenza dos seus dous coñecidos protagonistas. Preparade o pano.

Sempre ao teu lado (Hchiko)  2008

 

Remake do filme xaponés "Hachiko monogatari" (1987) dirixida por Seijirô Kôyama e baseada na historia real dun can tan fiel ao seu dono que ía esperalo todos os días á estación. Actualmente, nesa estación, existe unha estatua de bronce erixida na súa honra. Conta a historia de Parker Wilson que recolle un día a un can de raza Akita, ao que atopa abandonado nunha estación.

PROCURAR POR:

Iniciais do título