Inicio>   ROBERT DE NIRO

 

Brazil   (1985)

 

Película de culto. unha historia futurista cunha chea de retranca que tivo dúas nominacións ao Oscar. Terry Gillian negouse a que este filme fose editado con máis luminosidade e con outro final, como lle pedía a productora.  

 

Os intocables de Eliot Ness (1987)

 

Popular filme dirixido con mestría por Brian de Palma. Cun impecábel estilo e ritmo visual, evocadora música de Ennio Morricone. Narra a historia do axente federal Eliot Ness (Kevin Costner)  no Chicago dos anos trinta e a súa implacable persecución do gángster Al Capone (Robert De Niro).

 

Ronin (1998)

 

Entretido filme de acción e crime. A trama déixase nun segundo plano e a metraxe céntrase máis no obxectivo de ver acción que non na historia da maleta ou da relación de amizade entre De Niro e Reno ou coa rapaza francesa. 

 

Un dos nosos   (1990)

 

Scorsese estrea a década estampando unha obra mestra no subxénero do cine de mafia. "Un dos nosos" é unha historia de ambicións e lealdades, é un puñazo na retina, é un calafrío, cortesía dun brutal Joe Pesci. Un filme fantástico que tes que ver.

PROCURAR POR:

Iniciais do título