A mariñeira (2007)

 

Drama histórico que conta a valentía dunha muller galega na Carnota da Guerra Civil. Fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que asolan a poboación. Estrea TVG no Día das Letras Galegas de 2008.

 

 

Continental (1989)

 

Filme galego dirixido por Xavier Villaverde no ano 1989. Trátase dun drama de intriga sobre as disputas de dúas bandas de mafiosos. Ambas estiveran no pasado a cargo do mesmo capo, Gonçalves, o que levaran por diante na súa loita polo poder.

 

Doentes (2011)

 

Producida por Antón Reixa (Filmanova) e Farruco Castromán (ZircoZine). A historia de Valeriano (Pico) e Cañete (Morris) transcorre toda nunha noite trepidante chea de sorpresas e verdades inconfesábeis. Os protagonistas son dous perdedores que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50.

 

Emilia Pardo Bazán-A condesa rebelde (2011)

 

Filme autobiográfico de Emilia Pardo Bazán. Pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas en prensa española e internacional. 

 

 

O lapis do carpinteiro  (2003)

 

Daniel Da Barca é un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade grazas ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa Mallo, súa namorada e filla dun reaccionario oportunista, loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento.

Os mortos van ás présas  (2008)

 

Comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas. A historia arranca coa morte dun nonaxenario na vila de Fariño do Mar. O día que van a soterrar ao patrón maior da cofradía de mariscadores, debido a unha serie de feitos desafortunados, as vellas liortas e diferenzas entre uns e outros acentuaranse.

 

O tesouro (2008)

 

Filme feito para televisión dirixido por Manuel Martín Cuenca en 2007. Película de aventura protagonizada por Fran (Julio Soler), un rapaz que soña con converterse nun lobo de mar. Fillo de emigrantes galegos en Cataluña, volve a Galicia para atopar as súas raíces.

Sinbad  (2011)

 

Adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro "Se o vello Sinbad volvese ás illas". Sinbad conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.

PROCURAR POR:

Iniciais do título