As viúvas do mar  (2004)

 

Filme piloto dunha serie da TVG, onde cinco viúvas moi diferentes unidas pola traxedia dun naufraxio onde os seus homes perderan a vida, que se erguen, que desenvolven as súas vidas e as rescatan despois de derrubarse o seu mundo perdido no fondo do mar. Na vila mariñeira de Sada, cinco mulleres moi distintas crean xuntas a vida despois do naufraxio na vila de Sada. 

Crebinsky  (2010)

 

É unha película galega de ficción. A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos dunha galega e dun piloto ruso  que sofrera un accidente aéreo. Tras unha serie de desgrazados sucesos, os irmáns e a súa vaca chegan a costa preto dun faro. Alí fan unha cabana, e sobrevivirán grazas ás crebas.

 

Entre bateas (2001)

 

Filme desgarrador sobre o mundo do narcotráfico en Galicia.  Conta a historia de Mario, provinte dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, xunto a Sego, o seu amigo da infancia. Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamientos.

 

Galatasaray-Dépor  (2005)

 

Unha muller de negocios en Moscú, un excursionista en Estambul, un pelegrín húngaro en Santiago de Compostela e unha parella francesa en Berlín. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro problemas de entendimento lingüístico, catro visións da Champions League. Todo o mesmo día da final da Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. En clave de comedia.

 

Mar libre  (2010)

 

Premio á mellor película para TV nos Mestre Mateo entregados en 2011. Unha historia de época e aventuras ambientada nas Rías Baixas e na costa da Morte a finais do século XVIII. O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar.

 

O lapis do carpinteiro  (2003)

 

Daniel Da Barca é un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade grazas ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa Mallo, súa namorada e filla dun reaccionario oportunista, loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento.

 

Urxa  (1989)

 

Este filme foi unha das primeiras longametraxes de ficción da cinematografía galega. Urxa é unha bruxa que vive nunha paraxe remota da Galicia rural. Garda un segredo lendario e a chegada dun investigador provocará o seu descubrimento. 

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática