Inicio>  JAMES STEWART

 

 

Música e bágoas  (1953)

 

Filme de Anthony Mann sobre a vida do músico e compositor norteamericano Glenn Miller, interpretado por James Stewart. Os inicios dificiles, o amor e o posterior éxito, vense reflectidos nesta película.

 

O Club Social de Cheyenne  (1970)

 

Simpática, aínda que en ocasións desperdiciada, comedia do oeste. Un filme do director Gene Kelly moi divertido, protagonizado por James Stewart e Henry Fonda. John é un vaqueiro de Texas que recibe como herdanza do seu irmán un club social na cidade de Cheyenne. Non obstante, este club ten algo moi especial...

 

Que fermoso é vivir  (1946)

 

Un clásico do cine, programado polas televisións de medio mundo nas festas do Nadal. Bos sentimentos e inesquecíbeis interpretacións para a historia dun home que contempla como tería sido a vida dos que o rodean se el non tivese existido, e dun entrañábel anxo que quere acadar as súas ás.

PROCURAR POR:

Iniciais do título