Inicio>   CLINT EASTWOOD

 

A gran pelexa (1980)

 

O grande éxito de "Duro de Pelar" (Every Which Way But Loose, 1978), unha fita que se converteu na segunda con maior recadación do ano 1978 en USA, provocou esta secuela, que tamén obtivo bos resultados de despacho, a 6ª mellor recadación do ano, a pesar de obter unhas críticas notablemente peores.

 

A lista negra   (1988)

 

Quinta e última entrega da serie policíaca iniciada con 'Harry, o sucio'. O protagonista (Clint Eastwood) volve ser Harry Callahan, un controvertido inspector da policía da cidade de Los Ángeles. Desenvolve de modo máis que eficiente unha eficaz historia, un convincente espectáculo de acción e intriga.

 

Cometeron dous erros  (1968)

 

Despois dos éxitos obtidos no cine europeo, Clint Eastwood volve ao cine estadounidense con esta mestura de spaguetti-western e filme americano. A cousa funcionou só a medias. Interesante e entretido filme dirixido por Ted Post.

 

Débeda de sangue  (2002)

 

Filme de intriga onde o principal personaxe é o que interpreta Clint, un policía retirado de avanzada idade con problemas de saúde: Medicación, algún infarto e un transplante de corazón. Pero loxicamente o seu personaxe está "incompleto": Este oco éncheo un asasino en serie que lles escapou hai dous anos, cando estaba no corpo.

 

 

 

Dúas mulas e unha muller  (1968)

 

Don Siegel consegue bordar este singular e bo western, con interpretacións acertadas, e total compenetración entre os principais protagonistas. A banda sonora a cargo de Ennio Morricone, é estrañamente atractiva, e recorda en certo modo ás tinguiduras exóticas e atípicas, cos que poboou sobre xeito o seu anteriores traballos na Triloxía dos dólares, aínda que sen chegar ao nivel dos anteriores. Filme entretido e con bos e agradecidos toques de humor.

 

Duro de pelar (1978)

 

O "tirón" de Clint Eastwood tivo o seu mellor expoñente nesta comedia cun mono, grazas varias e moitos puñazos ao ritmo de música country. "Foi o 2ª filme con maior recadación de todo o ano en EE.UU., tan só superada por "Superman". A Warner non quixo desaproveitar o filón, e dous anos máis tarde fíxose a secuela, titulada "A gran pelexa" (Any Which Way You Can). Ámbalas dúas películas funcionaron moito peor en Europa.

 

Execución inminente  (1999)

 

Un filme de intriga moi interesante. A tensión é case insoportábel. Eastwood volve amosar a súa grandeza facendo de xornalista de investigación abordando o tema da pena de morte. A nena que fai de filla de Eastwood nesta ficción é a súa filla na realidade; a muller aparece facendo de presentadora de televisión.

 

Firefox  (1982)

 

Baseado nun caso similar acaecido no 1976 onde o Tenente Viktor Ivanovich Belenko, piloto dun MiG-25 Foxbat emprazado na base de Sakharovka en Siberia, desertou co seu avión ata o aeroporto de Hakodate ao norte de Xapón. O avión foi coidadosamente desarmado e inspeccionado por autoridades estadounidenses e nipoas. AoTeniente Belenko déuselle asilo nos EUA e tivo que soportar 5 meses de preguntas e interrogatorios. 

 

Gran Torino  (2008)

 

Todo flúe e palpita nesta película maxistral, concibida cos medios xustos, con enorme talento, con sentido moral. É normal que a emoción estoupe cun desenlace tan imprevisíbel como épico. É un minucioso exame dos temas que fascinaron a Eastwood na maior parte dos seus últimos filmes: familia, guerra, perda, fe e unha conexión humana inesperada.

 

Harry o executor  (1976)

 

Terceira entrega das andanzas do controvertido e duro policía, Harry Callahan (Clint Eastwood). Nesta ocasión, enfróntase a un grupo de sádicos terroristas que tentan controlar a cidade de Los Ángeles secuestrando ao seu alcalde.

 

Harry o forte  (1973)

 

A segunda entrega da saga de Harry Callahan. Nesta ocasión foi dirixido por Ted Post, onde os criminais que se mofaron da acción xudicial para estar ceibos, son eliminados coma se se tratara dunha xustiza divina. Callahan terá que pasar por riba do sistema para face-la súa propia xustiza. 

 

Harry o sucio  (1971)

 

Un thriller dos anos setenta icono do cinema policiaco. Eastwood mira de reollo como só el sabe facelo e o director Don Siegel aporta oficio, nervo e un espectacular sentido do ritmo narrativo. Imitada ata a sociedade, ningún dos seus clons lle fixo sombra.

 

Inferno de covardes  (1972)

 

Primeiro Western dirixido por Clint Eastwood. A acción dramática ten lugar na imaxinaria poboación fronteiriza de Lago. Ao lugar chega un xinete misterioso, sen nome, sen identidade e sen pasado. É un home alto, pálido e de faccións cadavéricas. Saído das brumas do deserto, preséntase sen ser reclamado por ninguén. 

Million Dollar Baby  (2004)

 

Narra a historia de Frankie Dunn (Eastwood), duns 70 anos, antigo adestrador de grandes púxiles. Vive encerrado entre as paredes do ximnasio "Tip Hit", que comparte con Eddie Scrap (Morgan Freeman), antigo pupilo e vello amigo. Frankie vive atormentado pola separación da súa filla e por sentimentos de culpa derivados de feitos pasados non explicados. Un día preséntase no ximnasio Maggie Fitzgerald (Hilary Swank), camareira, de 31 anos, empeñada en que Frankie a adestre, ao que este se nega.

 

 

O bo, o feo e o malo   (1966)

 

Leone e Eastwood reencóntranse por terceira e derradeira vez neste clásico do cine que denota, entre outras virtudes, a mestría dun director e a súa loita por superarse a si mesmo. Un western inesquecíbel.

 

O sarxento de ferro   (1986)

 

Eastwood exerce de sarxento chusqueiro. Axiña, o que ameaza con precipitarse polos adustos terrapléns do heroísmo cuarteleiro adquire a desenganada violencia das vidas estragadas. Aínda que o seu guión non é nada orixinal, Eastwood soubo escoller os indispensábeis detalles sórdidos para facer un filme moi salientábel.

 

Os violentos de Kelly (1970)

 

Filme cheo de ritmo ao que o director soubo darlle o toque xusto de humor. O seu elenco protagonista fixo o resto. Un apático pelotón na II Guerra Mundial recupera a ilusión ao decatarse de que o inimigo custodia unha fortuna de 16 millóns de dólares en lingotes de ouro. O único problema é que se atopa detrás das liñas inimigas.

 

Poder absoluto (1997)

 

Excelente adaptación cinematográfica da novela de David Baldacci, a miúdo con normas politicamente incorrectas, pero grazas ao brillante e pulido guión de William Goldman e á maxistral dirección de Eastwood, así como a excelente repartición de actores, pódese perdoar.

 

Por un puñado de dólares  (1964)

 

Inesquecíbel fita que roza en ocasións o surrealismo de cheo. Un pistoleiro norteamericano chega a unha vila fronteiriza mexicana. Joe virá a poñer orde e xustiza despois de presenciar masacres inmorais. Remake en clave de western de "Yojimbo", de Akira Kurosawa.

 

Sen perdón (1992)

 

Épica crepuscular, nostálxica e pesimista a partes iguais. Non hai idealización do personaxe malia debuxalo dende certo, e inevitábel, romanticismo. Unha reflexión sobre a violencia e a desmitificación duns heroes que xa Ford apuntara maxistralmente. Eastwood colocou o seu nome na historia do cine se non o fixera antes xa. 

PROCURAR POR:

Iniciais do título