Inicio>   JIM CARREY

 

Conto de nadal  (2008)

 

Adaptación do clásico de Charles Dickens, que usa a mesma técnica de animación que "Polar Express" e "Beowulf". Unha exhibición abraiante de efectos especiais e unha brillante e estilizada reconstrución de época. O vello Scrooge, avaro e amargado recibe a visita de pantasmas que lle farán abrir os ollos.

 

 

Di que si (2008)

 

Carl Allen (Jim Carrey) é un home que se apunta a un programa de autoaxuda que se basea no principio de dicir que "si" a calquera cousa... Ao principio, liberando o poder do "si", a vida de Carl transfórmase de forma inesperada e emocionante, pero axiña descobre que iso ten unhas desvantaxes.

 

Ladróns de risas  (2005)

 

Remake dun filme de 1977 de mesmo título orixinal, dirixido por Ted Kotcheff e protagonizado por George Segal e Jane Fonda, encarnados nesta ocasión por Jim Carrey e Tea Leoni. Narra como unha familia pasa de estar nunha situación envexábel, a quedar sen nada nun só día.

 

O show de Truman (1998)

 

Moi de cando en cando, dáse o milagre de que a un guionista de raza se lle ocorra un argumento insólito, cae en mans dun director de altura e os espectadores podemos gozar do nunca visto e ouvido. Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun deses pobos onde nunca pasa nada. Pero o que ve non é o que parece, nin a súa vida parece ser de seu.

Quérote Philip Morris (2009)

 

Pertence ao xénero de farsa gay absurda, romántica e etérea. Glenn Ficarra e John Requea tramaron un chispeante e conmovedor entretemento.Tras sufrir un accidente de tráfico, un modélico e convencional pai de familia decide que a súa vida deixe de ser unha farsa e comeza a derrochar e a vida bohemia pero  iso require cartos, e comete unha serie de fraudes que o levan ao cárcere.

 

Unha serie de sucesos desafortunados  (2004)

 

Tres nenos que naceron envolvidos nun ámbito saudábel e ideal provisto polos seus pais, no que desenvolveron talentos singulares, obtendo personalidades enfeitizantes. Un evento, tráxico como repentino, quebra a burbulla de felicidade na que viven e os some no abandono e a orfandade. 

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática