Inicio>  ANTONIO BANDERAS

 

A máscara do Zorro   (1998)

 

Excelente filme de aventuras que retoma o personaxe creado para un folletín a principios do século XX por Johnston McCulley. O vello "Raposo" dá paso a un novo mediante unha serie de enlaces argumentativos baseados nas relacións de parentesco sanguineo ou non, e isto é o máis abraiante: de fondo, "La máscara" é unha película de enredos afectivos.

Asasinos  (1995)

 

Entretida e convencional fita de acción sobre os asasinos profesionais que, malia Stallone, non respondeu ás expectativas comerciais creadas. Rath (Stallone) levou a cabo traballos para os que poucos homes estaban preparados e agora quere deixalo. Despois de ser o indiscutílbel número un, alguén chamado Miguel Bain (Banderas), estudante de Historia que goza coa emoción de matar, quere ese liderado. 

Desperado   (1995)

 

Tralo éxito de "O Mariachi", Robert Rodriguez apuntouse á moda das segundas partes coa historia dunha vinganza chea de acción, moraliñadas, e algunhas das escenas máis memorábeis do cine dos anos 90. Para iso, baseouse no final de "O Mariachi" para presentarnos un mariachi que, ansioso de vingarse do home que mandou asasinar a muller que amaba, chega a Santa Cecilia tras percorrerse varias localidades acompañado dunha funda de guitarra repleta de armas.

PROCURAR POR:

Iniciais do título