C. FICCIÓN (-A-B-C)
A ESTRADA
THE ROAD (2009)
O planeta foi arrasado por un misterioso cataclismo e, no medio da desolación, un pai e o seu fillo diríxense cara á costa en busca dun lugar seguro onde asentarse. Durante a viaxe cruzaranse con outros superviventes: uns volvéronse tolos, outros convertéronse en caníbales. O guión deste filme é unha Adaptación dunha novela de Cormac McCarthy.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
A GUERRA DOS MUNDOS
WAR OF THE WORLDS (2005)
Adaptación da novela homónima de H.G. Wells. A invasión da Terra polos marcianos e a terrible batalla que ten que librar a humanidade para sobrevivir céntrase nunha familia americana. Ray Ferrier (Tom Cruise) é un estibador divorciado e un pai nada modélico. Estando os seus fillos de visita na súa casa, estala unha tremenda e inesperada treboada. Uns momentos despois, Ray é testemuña dun acontecemento extraordinario: unha enorme máquina de tres patas emerxe do chan e arrásao todo.
Cartel en galego
Servidor
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
AS MULLERES PERFECTAS
THE STEPFORD WIVES (2004)
Joanna Eberhart (Kidman) e o seu marido (Broderick), buscando unha vida perfecta, múdanse ao acomodado barrio de Stepford (Connecticut). A Joanna intrígalle tanto que tódalas esposas sexan tan compracentes cos seus maridos que, coa axuda dunha veciña bastante anticonvencional (Bette Midler), comezará a facer indagacións.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BLADE RUNNER (1982)
A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñaría xenética, un robot chamado Nexus 6, idéntico ao home pero superior a el en forza e axilidade, ao que se deu o nome de Replicante. Estes robots traballaban como escravos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguenta rebelión dun equipo de Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía, os Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non tivesen acatado a condena.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CYBORG SOLDIER (2008)
Lindsey, unha solitaria axente de patrulla fronteiriza, captura a un soldado creado por inxenería xenética que se escapou dun centro de experimentos militares segredos. Ela descoñece a súa auténtica identidade. Mentres, o seu creador mobiliza a un grupo de veteráns comandos para que o axuden a recuperar ao seu experimento máis prezado; unha auténtica máquina de matar. A vida de todo aquel que descubra a verdadeira natureza deste ser correrá perigo de morte. Cando Lindsey queira escapar será demasiado tarde.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME