DRAMA (A-B-C)
A ESMORGA
PARRANDA (1977)
Interesante filme de Gonzalo Suárez, nunha viaxe á España profunda de posguerra. Conta a historia de Cibrán, un traballador dos altos fornos asturianos, que foi detido e retido no cuartel da Garda Civil polos desastres causados nun día de festa e desenfreo, xunto a dous amigos, o Bocas e o Milhomes. O que comeza sendo unha esmorga máis, convértese nun delirio de violencia, alcol e sexo.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A LUZ PRODIXIOSA
LA LUZ PRODIGIOSA (2003)
Ó comezo da Guerra Civil española, un mozo pastor andaluz recolle a un home ó que os seus verdugos deran por morto e búscalle refuxio nun asilo. O ferido, polos disparos, quedou reducido a un estado semivexetal. No 1980, o pastor volve a atopa-la súa pegada: agora é un ancián que percorre as rúas de Granada malvivindo de esmolas. Un feito ó chou reaviva a súa memoria morta, e o vello pastor obstínase en averigua-la súa auténtica personalidade. Pouco a pouco, as pescudas desembocan na posibilidade de que o home sexa Federico García Lorca.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A ONDA
DIE WELLE (2008)
Filme baseado en feitos reais acaecidos en Alemaña. Ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle a idea dun experimento que explique aos seus alumnos como é o funcionamento dos gobernos totalitarios. Comeza dese xeito un experimento que, en tan só uns días, o que comeza cunha serie de ideas inocuas como a disciplina e o sentimento de comunidade, se vai convertendo nun movemento real: a onda, de consecuencias que comezarán a descontrolarse
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
CANTO VALE OU É POR QUILO?
QUANTO VALE OU É POR QUILO? (2005)
A escravitude foi abolida en Brasil no ano 1888, pero hai quen o dubida. Sérgio Bianchi pretende transmitir ao espectador dun modo intelixente o contraste e a similitude entre a escravitude histórica e a realidade actual, usando para ambalas dúas partes os mesmos actores. De modo que o antigo tratante de escravos Candinho e a escrava fuxitiva Arminda pasan a ser no presente, repectivamente, un asasino a soldo e unha activista política, pero o seu destino permanece invariábel.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
COMA OS NOSOS PAIS
COMO NOSSOS PAIS (2017)
Rosa é unha muller que só anhela ser perfecta, no seu traballo e como nai, filla, esposa e amante. Canto máis se esforza, máis sente que o está facendo mal. Rosa vese atrapada polas esixencias de dúas xeracións, ata que un día a súa nai deixa caer unha bomba, e Rosa comeza a redescubrir o seu verdadeiro eu.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CONCEPCIÓN ARENAL, A VISITADORA DE CÁRCERES
CONCEPCIÓN ARENAL, LA VISITADORA DE CÁRCELES (2012)
A mediados do século XIX a avogada e escritora Concepción Arenal traballou como visitadora de cárceres na prisión de mulleres da Coruña, o que daría froito a algunhas das súas obras clave. Os seus escritos servirían de base para a reforma do sistema penitenciario en España. "Odia el delito y compadece al delincuente"; esta cita dela permaneceu gravada durante anos de xeito obrigatorio nas prisións españolas.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME