Inicio>   LEONARDO DICAPRIO

Diamante de sangue (2006)

 

As películas de acción e aventuras adoitan ter unha lamentable tendencia cara á trangallada, pero esta épica historia de Edward Zwick ten numerosas virtudes, ademais de suspense e espectáculo.

 

Infiltrados  (2006)

 

O filme de Scorsese máis puramente disfrutabel en anos. É ruda, sombría, esnaquizadora e se dúbidas se poderás rirte ao longo deste infecto niño de paranoia, enganos e choupadas de sangue, atentos aos derradeiros intres deste filme.

 

 

Orixe (2010)

 

Co seu desafío á física, estrondosa acción, sobrecolledora emoción e unha interpretación extraordinaria de DiCaprio, Nolan entrega outra vez algo verdadeiramente orixinal: benvidos a un país descoñecido. Un excitante thriller de ciencia ficción que é tan inquietante como parece. Este é un entretemento popular cunha pegada tan intensa e desconcertante que che fará preocuparte por se é seguro pechar os ollos pola noite.

 

Rede de mentiras  (2008)

 

Un filme que tenta estar políticamente vixente e moralmente pertinente, mostrádonos con detalle cómo funciona a espionaxe, o terrorismo, a CIA e a politica de Oriente Medio. Unha intriga previsíbel pero entretida ao mesmo tempo.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática