DEBUXOS-ANIMACIÓN (D-E-F)
ENGURRAS
ARRUGAS (2010)
Baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca está disposta a rachar moldes. Unha historia ambientada nunha residencia á que vén de chegar o protagonista, un enfermo de Alzheimer, que tece relacións con outros anciáns, intentando manter unha vida de seu. A dureza desta situación está tinguida con toques de comedia e tenrura, para facer soportábel esta dramática situación.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
ESPÍRITO DO BOSQUE
ESPÍRITU DEL BOSQUE (2008)
Continuación do filme "O bosque animado". A Sra. D’Abondo trama un terríbel plan xunto cun poderoso home de negocios sen escrúpulos. Todas as árbores do monte atoparánse en perigo de morte. Furi, Linda e Cebolo, que acabou de chegar, e mais Piorno, o rato do pazo, arriscaranse para salvaren o seu fogar. Moitos serán os seus aliados, co que non contan é con alguén que lles axudará, e que resulta ser... fantasmagórico.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
EVANGELION - MORTE E RENACEMENTO
SHIN SEIKI EVANGELION GEKIJO-BAN: SHITO SHINSEI (2007)
É o primeiro filme da serie de Anime Neon Genesis Evangelion, a cal consiste en dúas partes:Death e Rebirth, Morte e Renacemento respectivamente. A primeira parte, Death, consiste dunha edición de 60 minutos sobre os primeiros 24 episodios do programa de televisión, que inclúe varias escenas inéditas. A segunda parte, Rebirth, consiste nunha historia e animación completamente novas, situadas inmediatamente despois do episodio 24.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
EVANGELION - O FINAL DE EVANGELION
SHIN SEIKI EVANGELION GEKIJO-BAN: THE END OF EVANGELION (1997)
Tamén separada en dúas partes, ou capitulos: o episodio 25, baixo o titulo de "Air/ Love is destructive" (ar / o amor desfaite) e o 26, baixo titulo de "My purest heart for ~Sincerely yours~ / One more final: I need you " (o meu corazón puro para ti ~teu sinceramente~/ Un final máis: Necesítote). Concebida como a continuación directa, e redeseñada completamente, dos feitos onde se partira a serie no capitulo 24, dando unha nova mostra alternativa, pero complementaria, do final da serie.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME