Inicio>  DENZEL WASHINGTON

Asalto ao tren Pelham 123   (2009)

 

O director Tony Scott logra aquí outro dos seus carruseis de imaxes e sons, sempre ao máximo de adrenalina e cos actores moi entoados. Walter Garber (Denzel Washington), supervisor do Metro de Nova York, ten que afrontar o caos provocado polo secuestro dun vagón por unha banda armada, cuxo líder é Ryder (John Travolta).

Día de adestramento (2001)

 

Intensa ollada á xungla urbana na que combaten a diario policías e malfeitores. Alonzo Harris (Denzel Washington) é un moderno maquiavelo no intermitentemente refulxido drama policial. O que fai que este filme sexa notábel é a posta en escena de Washington que tivo un Oscar pola súa interpretación. 

Fallen  (1998)

 

Gregory Hoblit dirixe este tenso e habilidoso thriller, na liña de "Seven", pero cunha premisa diferente e interesante. Denzel Washington borda o seu papel cunha xenial interpretación; Donald Sutherland e John Goodman tamén logran unhas sorprendentes actuacións. A música, sobre todo o single "Estafe it´s on my side", é moi axeitado e tenso. O desenvolvemento está ben armado, é un filme que unha vez que te engancha non che solta, e o final non só é sorprendente, senón que te deixa completamente descolocado e asustado.

O coleccionista de ósos  (1999)

 

Thriller entretido de Phillip Noyce. Un psicópata vai asasinando unha morea de xente, pero deixa unhas pistas que só Lincoln Rhyme (Denzel Washington) pode descifrar. Lincoln é un axente de homicidios que quedou tetrapléxico mentres resolvía un crime. A novata policía Amelia Donaghy (Angelina Jolie) é a encargada de inspeccionar os escenarios do crime, e a partir dos seus informes Lincoln vai descifrando as pìstas que deixa o asasino.

 

O libro de Eli  (2010)

 

Filme sobre o futuro apocaliptico, onde case a totalidade da humanidade desapareceu e a Terra quedou desolada despois do "resplandor". Onde a lei do máis forte prevalece sobre aqueles valores que rexían trinta anos atrás. Eli (Denzel Washington) é unha persoa solitaria que se diríxe ao oeste coa misión de protexer un misterioso libro que leva na súa mochila.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática