COMEDIA (A-B-C)
A GRAN SEDUCIÓN
THE GRAND SEDUCTION (2013)
Os habitantes de Tickel Head, unha vila costeira do Canadá, outrora orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de subsidios. O seu destino pode cambiar cando unha empresa pretende instalar unha pequena fábrica, pero cunha condición: que a vila teña un médico residente. Os habitantes non o ven posible, pero axiña se decatan de que un novo doutor deberá pasar un mes en Tickel Head. Conscientes da súa única posibilidade, deciden converter a vila no lugar ideal para converterse no fogar do médico.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
A MEIGA NOVATA
BEDKNOBS & BROOMSTICKS (1971)
A excéntrica Eglantine Price (Angela Lansbury) é unha meiga afeccionada que ten que facerse cargo, moi ao seu pesar, de tres cativos londinienses que foron evacuados ao pequeno pobo costeiro onde ela vive. Xuntos loitarán contra o invasor alemán, empregando para iso un truco maxistral de Eglantine.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
ARTHUR (2011)
Arthur é un mozo que leva unha vida demasiado superficial e de tolos, con moitas festas, mulleres e alcohol, pero non terá máis remedio que cambiar se quere recibir unha herdanza impresionante. O único requisito para non perdela é que terá que casar. A partir diso comeza un estraño periplo para atopar a muller dos seus soños.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAD SANTA (2003)
Willie (Billy Bob Thornton) e Marcus (Tony Cox) son dous ladróns ós que, aproveitando as Festas de Nadal, se lles ocorre a xenial idea de disfrazarse, un de Santa Claus e outro dun dos seus axudantes para poder entrar, sen crear sospeitas, nos grandes almacéns e, unha vez infiltrados entre o persoal do centro comercial, facerse fácilmente coa recaudación do día. O plan semella xenial ata que se encontran cun neno de 8 años (Brett Kelly) que les ensinará o verdadeiro significado do Nadal.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CANGURO JACK
KANGAR00 JACK (2003)
Dous amigos, Charlie Carbone (Jerry O'Connell) e Louis Booker (Anthony Anderson) son enviados a Australia a entregar $50,000 dólares, como pagamento ao padrasto mafioso de Charlie (Salvattore Maggio) por levar a policía ao seu escondedoiro de mercadoría roubada. Como non poden pasar tanto diñeiro a outro país, Louis pono na súa chaqueta. No camiño cara ao destinatario do diñeiro, arrastran un canguro parecido a Jackie Legs, poñenlle a súa chaqueta e uns lentes pensando que estaba morto pero escapa brincando. Os dous amigos déixano ir ata que Louis recorda que puxo o diñeiro na chaqueta.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CORPOS DE SEGURIDADE
OBSERVE AND REPORT (2009)
Ronnie Barnhardt (Seth Rogen), o xefe de seguridade dun centro comercial, crese que é a forza maior do centro, e toma a decisión de comezar unha loita contra todos os policias locais. Ronnie coñece a Brandi (Anna Faris) unha vendedora que traballa no mesmo centro, e entre Ronnie e Brandi xorde o amor.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME